Aporia
Aporia
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de bolboretas da familia dos piéridos. En Europa ten como representante a especie A. crataegi que se caracteriza por ter ás brancas con nerviación escura e que na fase larval se alimenta especialmente das follas do estripeiro; en Galicia está presente especialmente no sueste e na área de montaña oriental.