aproximación
(
-
s
f
Acción e efecto de aproximar ou aproximarse. OBS: A grafía x representa o son [Ks].
Ex: A aproximación entre os dous barcos orixinou unha situación de perigo.
Sinónimos: acercamento, achegamento. Antónimos: arredamento, distanciamento. -
s
f
-
Cálculo ou valoración que se achega de forma pouco exacta a un dato ou cantidade determinada.
-
Premio concedido na lotería aos números que pertencen á mesma centena dos primeiros números premiados.
Ex: No sorteo obtiveron premio as aproximacións do nove mil.
-
-
[AERON]
-
s
f
Conxunto de manobras feitas por un avión para preparar a aterraxe, mediante operacións visuais ou instrumentais.
-
aproximación directa
Aproximación na que o punto de espera da aproximación final se substitúe polo voo da aeronave ao longo do eixe da pista de aterraxe en servicio.
-
aproximación final
Parte da aproximación dunha aeronave que comeza no punto de espera e remata cando a aeronave efectúa o endereitamento.
-
aproximación inicial
Parte da aproximación dunha aeronave comprendida entre o punto de entrada e o punto de espera; ou, no caso dunha aproximación directa, dende o punto de entrada ata que a aeronave chega ao eixe da pista de aterraxe.
-
control de aproximación
Servicio dos aeroportos que se ocupa do control dos avións que queren despegar ou aterrar.
-
luz de aproximación
Luz que prolonga o eixe das pistas de aterraxe dos aeroportos a fin de orientar os pilotos nas aterraxes nocturnas.
-
senda de aproximación
Camiño virtual que ten que seguir unha aeronave durante o proceso de aproximación.
-
s
f
-
s
f
[BÉL]
Fase da batalla que ten por finalidade achegar os medios propios ao inimigo. A aproximación remata cando as forzas de vangarda se enfrontan á resistencia inimiga.
-
[MAT]
-
s
f
Orde do tamaño das desviacións que os valores medidos ou calculados dunha magnitude nun sistema presentan respecto ao valor teórico que cumpriría con exactitude á lei matemática que determina dito sistema. O comportamento de calquera sistema está determinado por unhas leis que se traducen en relacións matemáticas entre as súas magnitudes. A validez desas leis significa que, se se realizan medidas independentes de cada unha das cantidades que interveñen, os valores obtidos han de manter entre eles a relación matemática que expresa a lei do sistema. Este feito, sen embargo, non se dá nunca con exactitude. Isto explícase supoñendo que a medida dunha cantidade non dá o seu valor real, senón un valor aproximado, é dicir, o valor real máis un certo erro, e que é o conxunto de valores reais o que cumpriría con exactitude a lei matemática do sistema. Agora ben, o valor real é, de feito, un concepto teórico, porque o que dá todo proceso de medida ou de cálculo numérico son os valores aproximados. Polo tanto, o erro poderá ser considerado unha cantidade aleatoria de media cero e cunha dispersión que caracterizará a orde de aproximación do proceso de medida ou de cálculo. Fálase dunha orde de aproximación máis elevada canto máis pequenos son os valores probables destes erros.
-
método das aproximacións sucesivas
Procedemento de construción dunha serie de números, a n , que se achegan, a medida que crece, a un número incógnita ou que se quere determinar.
-
s
f