apteria

apteria

(< gr ἀπτερία ‘sen ás’)

s f [ZOOL]

Ausencia de ás, especialmente nos insectos. A apteria primaria preséntase en insectos que proveñen filoxeneticamente de formas que nunca tiveron ás; a apteria secundaria, en insectos que filoxeneticamente proveñen de formas aladas, pero que perderon as ás durante a evolución como adaptación ao seu modo de vida (parasitismo, cavernicolismo, etc).