aquel -la

aquel -la

(< lat *accu + ĭlle,ĭlla, ĭllud < lat eccum ‘velaquí’ + ĭlle, ĭlla,ĭllud ‘aquel, aquela, aquelo’)

  1. adx e pron dem

    Sinala a cousa ou persoa que se atopa espacialmente lonxe dos dous interlocutores (tanto do que fala como do que escoita). Polo tanto expresa todo o que é externo a eles e indica afastamento variable que depende da actitude psicolóxica coa que o falante considera a situación que enuncia.

    Ex: Non quero este libro, quero aquel que está no estante do fondo. OBS: Contrae coas preposicións en e de dando lugar ás seguintes formas: naquel(es), naquela(s), naquilo, daquel(es), daquela(s), daquilo. Tamén contrae co cuantificador outro: aqueloutro(s), aqueloutra(s) (a forma neutra non contrae aquilo outro).

  2. adx e pron dem

    Designa o afastamento temporal con respecto a quen fala e a quen escoita. Indica anterioridade ao referente que se contrapón a este, simultáneo ao referente. Na tradición oral existen refráns que recollen estes valores: “Daqueles ditos, estes feitos”.

    Ex: Aqueles días xa non volverán. Aquilo que pasou xa quedou atrás.

  3. pron

    No discurso ou na lingua escrita, nas referencias anafóricas, designa aquela persoa ou cousa da que se falou en primeiro lugar, é dicir, a que está máis afastada.

    Ex: Comprei unha torta de mazá e unha de kiwi: esta é máis saborosa ca aquela.

  4. s sing

    Expresa algunha calidade difícil de precisar e que xeralmente ten un significado positivo como pode ser ‘encanto’, ‘atractivo’, etc.

    Ex: Ese rapaz ten un aquel que engaiola. Miña nai ten unha aquela que a fai moi cariñosa.

  5. s sing

    Pretexto ou motivo que se interpón como escusa.

    Ex: Co aquel da festa marchamos cedo. Coa aquela de que non sabía de que estabamos a falar, non entrou na conversa.

  6. s m [PSIC]

    Segundo a psicanálise, estrato ou instancia da vida psíquica, que se atopa nunha relación integrativa, estrutural cos outros dous estratos, o ego e o superego, os que se diferenciaron progresivamente do aquelo no transcurso do desenvolvemento do individuo. Corresponde ao polo pulsional da personalidade e comprende o mundo innato e inconsciente dos instintos. Tende á descarga da tensión instintiva; esta é a base do permanente conflito ou transacción coas esixencias da realidade e da instancia represora ou superego.

  7. adx

    oz que presenta un significado pouco preciso e variable. Segundo o contexto no que se utilice pode equivaler a ‘ben feito, ben disposto, avariado, etc’.

    Ex: A nosa filla é moi aquelada, sempre procura prepararse o mellor posible.

  8. Ben disposto, que fai as cousas con siso.

Frases feitas

  • Coma aquel que. Coma se. Ex: Non vaias facer coma aquel que quería ver o partido sen pagar a entrada.

Palabras veciñas

aquedar | aqueira | aqueirar | aquel -la | aquel -la | aquelado -da | aquelar