Aqueronte

Aqueronte

(< grẢχέρων, -οντος)

  1. [MIT]

    Nome que recibe na mitoloxía grega o fillo de Helio (o Sol) e Xea (a Terra), ao que Xúpiter lanzou ao inferno e transformou no río do mesmo nome, por terlle dado auga aos Titáns que pretendían agatuñar ata o ceo. Este río de augas negras tiña que ser atravesado por todos os mortos na barca de Aqueronte para entrar no inferno. Para pagar os servicios do barqueiro, a familia do finado puña unha moeda debaixo da súa lingua. As ánimas daqueles que non fosen soterrados non eran admitidas na súa barca por Aqueronte quen os castigaba cen anos na beira do río. Esta lenda ten a súa orixe nun dos ríos que levaron o nome de Aqueronte, podería ser o situado en Tespretia en Exipto.

  2. [XEOG]

    Río que atravesa a provincia de Tespretia no Epiro e desemboca no porto de Elea.

  3. [LIT]

    Nome co que se designa o inferno nalgunhas composicións poéticas.

Palabras veciñas

aquendar | aquenio | aqueo -a | Aqueronte | Aquerontia | aqueto -ta | aquezo