a quo*
a quo*
-
loc lat
[CRON]
Locución que significa ‘dende o que’, empregada en senso cronolóxico relativo para indicar que un determinado feito ou fenómeno aconteceu con posterioridade a un termo cronolóxico preciso, por exemplo, unha datación certa. Tamén se emprega post quem.
-
día “a quo”
[DER]
Día a partir do que comeza a contar un prazo xudicial.
-
xuíz ou tribunal “a quo”
[DER]
Xuíz ou tribunal que dita a resolución xudicial contra a que se interpón un recurso diante dun xuíz ou un tribunal superior.