Ar!
Ar!
[PUBLIC]
Revista en galego aparecida en outono de 1994 en Santiago e subtitulada “Revista galega antimilitarista”. Impresa en papel reciclado, incluía as seccións “Actualidade”, “Opinión”, “Dossier Central”, “Entrevistas” e “Cultura”. Colaboraron nela Rafa Villar, Chus Pato, Claudio Rodríguez Fer e Marta Dacosta, entre outros. Informaba sobre temática antimilitarista, actos, organizacións e actividades promovidas por estas, a insubmisión, obxección de conciencia, a prestación social substitutoria e movementos pacifistas.