Arabia do Sur, Federación de
Arabia do Sur, Federación de
Formada no 1963 pola Federación de Adén (Protectorado de Adén) e a colonia de Adén. Membro da Commonwealth, a súa fundación foi promovida polos británicos coa esperanza de rematar coas reivindicacións iemenís sobre estes territorios. O 20.11.1967 a Federación de Arabia do Sur e o Protectorado de Adén proclamaron a República Popular do Iemen do Sur, que en 1970 pasou a denominarse República Popular Democrática do Iemen. A partir do 22.5.1990 forma a República do Iemen ao fusionarse co Iemen do Norte.