arábigo -ga
(< árabe)
-
adx
Relativo ou pertencente a Arabia ou aos árabes.
-
adx
Que vén de Arabia.
-
s
m
Lingua que falan os árabes.
-
goma arábiga
[QUÍM/IND]
Exsudación gomosa producida polo tronco e as pólas de diversas especies africanas do xénero Acacia, secada. É case completamente soluble en auga. Está composta por arabina con pequenas cantidades de impurezas, tales como taninos, e co 13,15% de humidade. A goma arábiga, chamada así polo uso que facían dela os médicos árabes, emprégase como adhesivo, espesante e emulsionante nas industrias téxtil, alimentaria, cosmética e outras. En farmacia utilízase como emoliente.
-
número arábigo/cifra arábiga
[HIST/MAT]
Cada un dos signos gráficos do sistema de numeración decimal que se utilizan nos países de cultura europea. Semella que estes signos eran de orixe india e constituíron o modelo das cifras árabes occidentais. As figuracións máis antigas coñecidas entre os latinos son as dos códices Albeldense (947) e Emilianense (994), que só constan de nove cifras (falta o 0). Aparecen tamén nalgúns manuscritos do s XI sobre Aritmética da autoría de Boecio. Estas cifras, sen embargo, non comezaron a substituír en Europa as romanas de xeito pleno ata os ss XIV e XV.