Aracillum, Batalla de

Aracillum, Batalla de

Nome da batalla que contra o 25 a C rematou coa última resistencia dos cántabros durante as Guerras Ástur-cántabras. O militar romano vencedor, Caio Antistio, desenvolvera a campaña bélica á fronte das lexións X Gemina e VI Vitrix, coas que xa acadara as vitorias de Vellica e Mons Vindius, así mesmo contra os cántabros, tendo Bracara Augusta (Braga) como centro de operacións.

Palabras veciñas

aráceo -a | Aracil i Boned, Lluís Vicent | Aracillum | Aracillum, Batalla de | Aracne | aracnidismo | arácnido -da