araliáceo -a

araliáceo -a

(< aralia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás araliáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta pertencente á familia das araliáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia pertencente á orde das araliais e integrada por unhas 660 especies de plantas case sempre leñosas, ás veces gabeadoras con raíces adventicias, propias das zonas cálidas. Os extractos dalgunhas araliáceas úsanse como tónicos e algunhas especies son apreciadas como plantas de interior. Pertencen a esta familia as aralias e as hedras.

Palabras veciñas

Aralar | araldita | aralia | araliáceo -a | aralial | aralocaspiano -na | Aram