Aranzadi, Editorial
Aranzadi, Editorial
Editorial de Pamplona (Navarra) fundada en 1929 polo xurista Manuel de Aranzadi e Irujo (Lizarra 1882 - Pamplona 1942). Publica desde 1930 os repertorios de xurisprudencia e lexislación española: Repertorio cronológico de Legislación, Repertorio de Jurisprudencia, Índice progresivo de legislación e Índice progresivo de jurisprudencia, actualizados periodicamente. Nesa mesma liña, Estanislao de Aranzadi, fillo do fundador, publicou a primeira edición do Dicionario de legislación (1951).