arbitraxe

arbitraxe

(< arbitrar)

  1. s f

    Acción e efecto de arbitrar.

  2. s f

    Acción de emitir sentencia arbitral.

  3. s f

    Sentencia arbitral.

    Sinónimos: arbitrio.
  4. [DER]
    1. s f

      Decisión dunha cuestión ou conflito xurídico por unha ou diversas persoas que non son xuíces ordinarios nin actúan como órganos normais do poder xudicial. Prodúcese normalmente como consecuencia da submisión voluntaria dos interesados na decisión arbitral.

    2. s f

      Apelación a terceiras persoas para que decidan en casos de conflitos de traballo, falta de entendemento en negociacións, especialmente nas negociacións colectivas, ou desacordos na aplicación de normas pactadas con anterioridade; nalgúns casos deriva nun procedemento xudicial.

    3. arbitraxe canónica

      Medida de solución pacífica das controversias entre persoas físicas, ou persoas físicas e institucións sometidas ao dereito canónico, o cal remite pola súa normativa á lei emanada da Conferencia Episcopal e se non a houbese, á lei civil do lugar do convenio.

    4. arbitraxe internacional

      Medida de solución pacífica das controversias entre estados a través dunha decisión xurídica dun ou máis árbitros ou dun tribunal, escollidos polas partes. A sentenza ou laudo arbitral ten carácter obrigatorio.

    5. arbitraxe privada

      Procedemento por medio do cal unha ou máis persoas resolven un conflito de dereito privado ao que estiveron sometidos. Pode ser de dereito, cando os árbitros, licenciados en dereito, teñan resolto segundo as normas legais, ou de equidade cando, leigos en dereito, resolvan segundo o seu leal saber ou entender. As partes están obrigadas ao cumprimento da decisión arbitral ou laudo.

  5. [ECON]
    1. s f

      Operación de bolsa que consiste en obter un beneficio aproveitando as diferencias de cotización en diferentes mercados, comprando ou vendendo valores ou mercadorías.

    2. s f

      Fixación dun prezo por parte do estado ou dunha comisión nomeada bilateralmente.

    3. arbitraxe financeira

      Identificación dos diferentes prezos, no espazo ou no tempo, medindo a desinversión alí onde a cotización é máis baixa, e o investimento máis alto, para obter un diferencial de rendementos. A arbitraxe aumenta a diferenza nos mercados, tanto no interior dun estado como a nivel internacional.