Arco da Vella

Arco da Vella
[PUBLIC]

Revista anarquista en galego aparecida en Santiago de Compostela en 1981 e subtitulada “Pensamiento libertario gallego”. Foi coordinada e editada pola Federación Anarco-comunista Galega. Colaboraban Valentín Alvite, Margarita Ledo, Henrique Monteagudo, Dionisio Pereira e Albino Prada, xunto a outros autores que asinaron con pseudónimos como María Balteira e O Corsario Negro. Incluía debuxos de Misán, Xulio Gaioso e Gondar, e contiña diversos apartados, entre eles: “A lingua”, “Carta a Galiza”, “No agro”, “Apicultura” e “Cociña natural”.

Palabras veciñas

arco | Arco | Arco da Vella | Arco da Vella | arcoba | arcobado -da | arcobar