arconte
arconte
(< lat archōnte < gr ἀρχόντος ‘xefe’)
s
m
[HIST/ADM]
Alto maxistrado dalgunhas cidades gregas antigas. Na primitiva monarquía ateniense os arcontes epónimo e polemarca formaban un triunvirato vitalicio co Rei (basileo). Expulsados os reis, o seu número ascendeu a nove, e a súa xestión pasou a durar un ano (a partir do 680 a C). A elección era regulamentada polo areópago, no que se integraban ao rematar o seu mandato. As leis de Solón estableceron a reserva do cargo para as dúas clases sociais máis altas. No 487, Temístocles proscribiu a elección, pasando a sortearse o cargo. Baixo o goberno de Pericles (457), os zeuxitas, terceira clase social, acadaron o acceso ao cargo.