Área 5.1 Factoría Audiovisual S.L.
Área 5.1 Factoría Audiovisual S.L.
Empresa vencellada ao sector da comunicación en Galicia. Foi creada en maio de 1998. Entre os seus traballos máis significativos sitúase a dobraxe á lingua galega de filmes como Fisterra (1998), Cando volvas ao meu lado (1999) e Os anos borrados (1999). Para televisión traballa na posprodución, mesturas e dobraxe de películas como O paciente inglés, Patton e Catro vodas e un funeral. Tamén traballa no mundo da publicidade, dedicándose á dobraxe e preparación de anuncios en galego relacionados con empresas bancarias, alimentarias e xornalísticas, entre outras. Achega para a súa realización equipos de edición de audio dixitalizados en formatos surround (Dolby SR, Dolby digital, etc).