argalí

argalí
Nome científico: [Ovis ammon, subFam dos ovinos]
s m [ANIMAL]

Mamífero de grandes dimensións, de máis dun metro de altura, parecido a un carneiro. É de cor gris avermellada e, tanto os machos coma as femias, teñen os cornos moi longos e espiraliformes. Os argalís viven illados ou en grupos pouco numerosos (de 20 a 30 cabezas), nas zonas montañosas de Asia Central (Altai, Tibet, Siberia), a partir dos 1.000 m de altura. A súa carne é moi apreciada.

Palabras veciñas

Arga | argadelo | Argaiz, Gregorio de | argalí | argallada | argallante | argallar