argana

argana
  1. s f

    Cada un dos filamentos que prolongan o casulo do gran do trigo e doutros cereais.

    Sinónimos: aresta.
  2. s f

    Porción miúda de calquera cousa.

    Sinónimos: aresta, argueiro. Confrontacións: lixo.
  3. s f

    Espiña do peixe.

  4. s f

    Cesta de cánabo.

Frases feitas

  • Contar unha argana. Pretender algo imposible; ser un traballo en balde.

  • Estar coma unha argana. Estar moi delgado."