Argar, cultura de El
Argar, cultura de El
[PREHIST/ARQUEOL]
Denominación creada por P. Bosch Gimpera contra 1920 para designar unha cultura prehistórica da Idade do Bronce, vixente entre 1500 - 1000 a C, a partir do topónimo do lugar de El Argar, no termo de Antas (Almería). Dende 1949, os estudios de M. Tarradell demostraron que limitaba coas provincias de Granada, Almería, Murcia e Albacete, penetrando no extremo sur do País Valencià (depósitos do Cabezo Redondo de Villena, de San Antonio de Oriola e de Callosa de Segura). Caracterízase por poboados fortificados en lugares elevados, sepulturas baixo as casas en xerras ou cistas, metalurxia do cobre e do bronce, follas de sílex e cerámica lisa.