argumento

argumento

(

  1. s m

    Razón aducida como proba dunha proposición, para convencer a alguén dalgunha cousa.

    Ex: Non tiña argumentos para explicar a súa teoría.

    Sinónimos: alegación. Confrontacións: raciocinio.
  2. s m [FILOS]
    1. Razoamento destinado a probar ou refutar unha proposición dada.

    2. Nunha función lóxica, variable independente.

  3. s m [INFORM]
    1. ariable ao nome ou un valor que aparece como un dato de entrada dun proceso que corresponde ao cálculo dunha función, e que ten como resultado a execución da función, e como dato de saída, o valor da función. Para diferencialo dun parámetro (ou argumento fiticio), tamén se denomina argumento efectivo.

    2. alores pasados a unha función ou procedemento por un programa.

  4. s m [LIT]

    No ámbito literario resumo que se fai dunha obra seguindo o fío narrativo. Oponse ao tema, que informa do núcleo xenético da obra.

  5. [MAT]
    1. s m

      Ángulo formado por un vector e o eixe de referencia.

    2. s m

      Nome xenérico das funcións inversas das funcións hiperbólicas: arg sh, arg ch, arg th, arg coth.

    3. s m

      ariable independente dunha función; así, en f (x), o argumento é (x).

    4. argumento dun número complexo

      Ángulo formado polo segmento que une a orixe co afixo do número complexo considerado e o eixe real.

Palabras veciñas

argumentador -ra | argumentar | argumentatio* | argumento | Argun | Argusianus | arguto -ta