Ariel
Ariel
Serie de satélites de investigación atmosférica e ionosférica do programa de colaboración especial de Gran Bretaña coa NASA (EE UU). O Ariel 1, colocado en órbita terrestre no 1962, demostrou a existencia dunha capa na alta ionosfera onde a compoñente principal é o helio. O Ariel 5 e o Ariel 6, lanzados en 1974 e en 1979, respectivamente, estudiaron fenómenos da astrofísica de altas enerxías.