2 arilo
2 arilo
(
s
m
[QUÍM]
Designación xenérica dos grupos que resultan da eliminación dun hidróxeno nun hidrocarburo aromático. Os arilos simbolízanse mediante as letras Ar. O grupo arilo derivado do benzol denomínase fenilo e os outros grupos arilo derivados de hidrocarburos aromáticos monocíclicos denomínanse como fenilos substituídos. No caso dos hidrocarburos aromáticos policíclicos condensados, os grupos arilo denomínanse engadindo o sufixo -nilo ao nome do hidrocarburo.