armazón
(< lat armatiōne)
-
[ARQUIT/CONSTR]
-
s
f
Conxunto de pezas de madeira, ferro ou outro material que forman a estrutura que serve de soporte a algo.
Sinónimos: armadura, carcasa. -
s
f
Conxunto de elementos como as trabes, tesoiras, pontóns e ripas que sosteñen o tellado dunha construción.
Sinónimos: armadura. -
s
f
Estrutura de madeira que permite encher de material de construción os seus ocos para construír un muro ou parede.
Sinónimos: armadura.
-
s
f
-
armazón cumieiral
[ARQUIT/CONSTR]
Estrutura de madeira, empregada na cubrición dun edificio, de perfil triangular e formada por unha serie de trabes dispostas por pares.
-
armazón cumieiral con tarugos
[ARQUIT/CONSTR]
Estrutura de madeira, empregada na cubrición dun edificio, de perfil trapezoidal e formada por unha serie de trabes dispostas por pares, unidas por tarugos que lle dan a súa forma característica.
-
armazón de artesa
[ARQUIT/CONSTR]
Estrutura de madeira, empregada na cubrición dun edificio, de perfil trapezoidal e formada por unha serie de trabes dispostas nos catro lados, unidas por tarugos.