Armuño

Armuño
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que se asentou en Armuño, Bergondo (Betanzos). A súa orixe está enlazada coa lenda do tributo das cen doncelas segundo a cal os fillos de Fernán Pérez de Armuño mudaron o seu apelido polo de Figueroa ao vencer os mouros cunhas estacas de figueira. A rama galega leva escudo cuartelado: o primeiro e o cuarto cuartel, de prata, con tres armiños de sable ben ordenados; e o segundo e terceiro, de ouro, cun león rampante, de azul.