Arnaldo

Arnaldo
[ONOM]

Nome procedente do xermánico Arnwald ou Arnoald, formado por arin ‘aguia’ e wald, oald ‘goberno, poder’. Foi un nome frecuente entre os trobadores provenzais como Arnaut Daniel, Arnaut de Maurelh ou Arnaut Catalan. No santoral aparecen con este nome un bispo francés do s V e un beato italiano do XIII; a festividade celébrase o 10 de febreiro. Como antropónimo presenta a variante Arnoldo e a forma contracta Arno.