árnica
árnica
(< lat ptarnica < grπταρνυκή ‘que fai espirrar’)
-
s
f
[PLANTA]
Herba perenne de ata 60 cm de altura, cun pequeno rizoma do que parte unha roseta de follas ríxidas e ásperas, e un talo piloso, acabado nun capítulo amarelo, solitario. Habita os prados subalpinos de solo ácido dos Pireneos e dunha gran parte da Europa húmida. En Galicia pódense atopar as subespecies A. montana montana, en pastos de montaña, e A. montana atlantica, en turbeiras das zonas baixas. Coas flores, ricas en arnicina, prepárase a tintura de árnica. O rizoma contén substancias diferentes e foi empregado tamén en medicina.
-
tintura de árnica
[MED]
Extracto alcohólico de árnica que posúe propiedades medicinais vomitivas e estimulantes do sistema nervioso.