arpón
arpón
(< fr harpon)
s
m
[PESCA]
Instrumento de pesca formada por unha barra de ferro ou de aceiro provista, nun extremo de pugas dirixidas cara a atrás, chamadas lingüetas, que impiden que a presa se descrave unha vez espetada. Para a captura dos cetáceos inventáronse arpóns de lingüetas despregadas provistas dunha carga explosiva que mata o animal, lanzados mediante canóns especiais; un cabo de corda permite recoller a presa. Tamén existen arpóns con cabo electrocutador.