arquénteron
arquénteron
s
m
[BIOL]
Cavidade interna do embrión en estado de gástrula; comunica co exterior a través do blastóporo e está tapizado polo endodermo. A súa orixe e desenvolvemento, relacionados co aparato dixestivo, é diferente segundo se consideren animais protóstomos ou deuteróstomos.