Arquivos do Seminario de Estudos Galegos

Arquivos do Seminario de Estudos Galegos
[PUBLIC]

Revista bilingüe de investigación, xurdida en 1927 como órgano de difusión do Seminario de Estudos Galegos. Era editada por Lar na Coruña. Desapareceu co sexto tomo, nos anos 1933-1934. Colaboraron, entre outros: Florentino López Cuevillas, Bouza Brey, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Parga Pondal, Xesús Carro, Antonio Fraguas, Carballo Calero e outros autores xa consagrados das letras galegas. Nestes Arquivos aparecen numerosos artigos referidos a historia, heráldica, arqueoloxía, ciencias naturais e zooloxía. A publicación procura mesturar o estudo e a investigación da cultura galega coa promoción deses coñecementos.

Palabras veciñas

Arquivo Sarabia | arquivoloxía | arquivolta | Arquivos do Seminario de Estudos Galegos | arquixénero | Arra | Arra, area de