Arretén, Pazo de
Arretén, Pazo de
Situado na aba do monte Miranda (Iria Flavia). A distribución espacial desta construción barroca estrutúrase ao redor dunha planta en L. Enlázase a vivenda coa capela por medio dun pasadizo. Conta cun longo patín na fachada principal, montado sobre unha arcada e un soportal que se abren a un amplo xardín. Foi propiedade do avó de Rosalía de Castro, feito que motivou a súa inclusión na Ruta Rosaliana.