arriscar

arriscar

(< risco)

  1. Perturbación do ritmo das contraccións cardíacas. Normalmente as contraccións cardíacas están rexidas por estímulos eléctricos xerados no nódulo sinoauricular; estes estímulos son rítmicos e posúen unha frecuencia habitual entre 70 e 80 por minuto (ritmo sinusal normal). Cando este ritmo se retarda, fálase de bradicardia sinusal e cando se acelera de taquicardia sinusal; pode variar coa respiración (arritmia sinusal). Se o nódulo sinusal deixa de xerar estímulos, substitúeno outras zonas do corazón, sobre todo o nódulo aurículo-ventricular (ritmo nodal). Se, pese a actuar o nódulo sinoauricular, se produce unha descarga eléctrica noutro lugar do corazón, pódese producir unha contracción anómala ou ectópica, tamén chamada extrasístole; se este foco xera descargas a moi alta frecuencia, determina a formación dunha taquicardia paroxística. Outras arritmias importantes son o flutter auricular, a fibrilación auricular e ventricular e os bloqueos. Para o diagnóstico e o estudo é fundamental o electrocardiograma.

  2. v t

    Expoñer algo ou a alguén a un risco, sometelo a un perigo.

    Ex: Arriscaches a vida para gañar a aposta.

    Sinónimos: aventurar. Confrontacións: xogar.
  3. v pron

    Exporse a un risco ou a un perigo.

    Ex: Arriscouse a escalar o  Faro de Budiño.

Frases feitas

  • Arriscar a cabeza. Poñerse en perigo, correr un risco. Ex: Arriscou a cabeza para salvar o seu amigo.

Conxugar
VERBO arriscar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrisco
arriscas
arrisca
arriscamos
arriscades
arriscan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arriscaba
arriscabas
arriscaba
arriscabamos
arriscabades
arriscaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrisquei
arriscaches
arriscou
arriscamos
arriscastes
arriscaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arriscara
arriscaras
arriscara
arriscaramos
arriscarades
arriscaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arriscarei
arriscarás
arriscará
arriscaremos
arriscaredes
arriscarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arriscaría
arriscarías
arriscaría
arriscariamos
arriscariades
arriscarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrisque
arrisques
arrisque
arrisquemos
arrisquedes
arrisquen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arriscase
arriscases
arriscase
arriscasemos
arriscasedes
arriscasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arriscar
arriscares
arriscar
arriscarmos
arriscardes
arriscaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
arrisca
-
-
arriscade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arriscar
arriscares
arriscar
arriscarmos
arriscardes
arriscaren
Xerundio arriscando
Participio arriscado
arriscada
arriscados
arriscadas