arroaz

arroaz
Nome científico: [Tursiopstruncatus, Fam dos delfínidos]
s m [ANIMAL]

Cetáceo de ata 350 cm de lonxitude e entre 100 e 125 kg de peso, de cor cinsenta escura no lombo e abrancazada no ventre, semellante ao golfiño común pero co bico curto, ancho e dilatado, a mandíbula inferior máis longa ca a superior, e a aleta dorsal situada na parte central do lombo, grande, curvada e sen punta. Aliméntase de peixes bentónicos e adáptase á catividade. Vive en mandas pouco numerosas, de ata 12 animais ou ás veces varias ducias, preto das costas e desembocaduras dos ríos nas augas litorais de toda a Península Ibérica. En Galicia teñen preferencia pola costa sur e son frecuentes os varamentos.

Palabras veciñas

arroar | Arroás | Arroás, illa | arroaz | arroba | arrocar | arroceiro -ra