2 arrolo
(
-
s
m
Canto de atracción sexual producido polo pombo e a rula para chamar a atención das súas femias.
-
s
m
Fala doce e chea de gabanzas coa que se namora a unha persoa.
Ex: Os arrolos do seu mozo convencérona para viviren xuntos.
-
cantos de arrolo
[MÚS]
Canto suave e agarimoso co que se tenta durmir os nenos. Recibe tamén o nome de “cantiga de berce”, pódese dicir que é o primeiro contacto do meniño co folclore. A letra destas cantigas é moi sinxela e a súa música grave e monótona, xunto cun ritmo semellante a un laio, adecuado para facer durmir os cativos. Hai unha pequena diferenza entre os dous tipos de arrolo: o arronrón; termo onomatopeico, procedente da rouqueira do gato cando dorme que se realiza co rapaz no colo, e o arrolo propiamente dito que precisa do berce e que tamén está vinculado á onomatopeia da rula, paxaro que representa unha entidade benévola, a miúdo invocada nas letras. As seguintes cantigas exemplifican cada un dos casos: Arrurrú meu meniño / para que durmas logo / cántoche baixiño. / O meniño quere durmir / súa nai estalle cantando. / Durme, meu ruliño durme, / que eu che estarei arrolando. Nos arrolos fóronse fixando cantigas, ditos e expresións doutros eidos do folclore, tales como “aí vén o Pedro Chosco”. Pedro Chosco é meu amigo / que me vén visitar. / Cando Pedro Chosco vén / horas son de me deitar. Dada a esencial invariancia do seu contexto -a diferenza do que aconteceu, por exemplo, nos labores agrícolas-, seguen moi presentes na música tradicional.