arsenito

arsenito

(< arsénico)

s m [QUÍM]

Calquera sal do ácido arsenioso. Coñécense deste os sales mono-, di- ou trimetálicos. O arsenito cúprico emprégase como pigmento co nome de verde de Scheele; o arsenito de cobre forma, co acetato do mesmo metal, o verde de Schweinfurt, empregado en pulverización como insecticida.

Palabras veciñas

Arsenio | arsenioso -sa | arsenita | arsenito | arseniuro | arseno- | arsenobenzol