Artábria, Fundaçom
Artábria, Fundaçom
Institución creada o 6 de maio de 1998 en Narón, baixo a presidencia de Mauricio Castro Lopes. Declarada de interese galego, desenvolve actividades socioculturais encamiñadas ao estudio, defensa e divulgación das tradicións galegas. Realiza exposicións, espectáculos teatrais, proxeccións de vídeo; organiza conferencias, obradoiros de etnografía, recitais de poesía, concertos, cursos de danza, de música e de lingua. Editou os libros Manual de iniciaçom à língua galega, de Mauricio Castro e GONG, de Carlos Quiroga.