Artaza

Artaza
[HIST/HERÁLD]

Apelido de orixe vasca que se asentou en Muros, onde teñen casa e capela brasonadas. A esta vila chegou Juan Antonio de Artaza y Olaguíbel, natural de Górliz, quen estableceu casa e capela brasonadas logo de obter hábitos e de probar a súa nobreza. Ascendentes desta familia serviron aos reis españois na batalla do Salado e na conquista de Granada. A nobreza desta liñaxe consta nunha Real Provisión de Carlos IV, do ano 1806. As súas armas levan, en campo de azul, unha torre con homenaxe de ouro e, saíndo por enriba das ameas, medio corpo dunha aguia voante de sable coas ás despregadas e linguada de goles.