artenacense
artenacense
(
adx
[PREHIST]
Termo informal empregado para definir unha cultura de finais do Neolítico (segunda metade do III milenio ane) da que se coñecen covas (a máis coñecida é a cova sepulcral de Artenac, en Francia, de onde toma o nome) e lugares de habitación, ás veces fortificados (Fort-Harrouard).