arteriografía

arteriografía

(

s f [MED]

Anxiografía dunha arteria. É posible estudar case calquera arteria do organismo a través dos raios X, mediante a inxección directa dun contraste opaco cun catéter (arteriografía selectiva). Está indicada en casos de arterite, arteriosclerose, embolias, tromboses, aneurismas, malformacións vasculares, tumores, etc. Especialmente importante é o estudo anxiográfico do corazón e das arterias coronarias en casos de cardiopatía isquémica (anxiocardigrafía). Nos últimos tempos esta técnica foi mellorada coa anxiografía de substracción dixital.

Palabras veciñas

arterial | arteriectomía | arterio- | arteriografía | arteriola | arteriolosclerose | arteriopatía