artista

artista

(< arte)

  1. s [ARTE]
    1. Persoa que cultiva unha arte, en particular unha das Belas Artes.

      Ex: O pintor do teito do Teatro Principal é un artista recoñecido.

    2. Persoa que ten como profesión representar ou interpretar obras teatrais, musicais, cancións, danzas, etc.

      Ex: O famoso artista saudou ós seus admiradores ó rematar a proxección.

      Confrontacións: cantante.
  2. adx [ARTE]

    Aquel que ten habilidade para as artes.

    Ex: O meu fillo é un artista, debuxa moi ben.

  3. s [EDUC]

    Antigamente, o que profesaba ou estudiaba as artes liberais e a arte.

  4. s

    Persoa que ten habilidade para realizar calquera tipo de traballo ou tarefa.

    Ex: Os carpinteiros son uns artistas coa madeira.