Arume

Arume
[PUBLIC]

Revista aparecida en Lugo no ano 1991 e subtitulada “Revista do ilustre colexio oficial de médicos de Lugo”. Dirixida por Sven J. Gunther Cando, colaboraban entre outros: Xosé Carlos Portela, Lino X. González e Xesús Mª Álvarez. Tiña diversas seccións como: “Informe”, “Ciencia Médica”, “Sociedad”, “Humor”, “Actividades” e “Revista de cine”.