arxentita

arxentita

(

s f [MINERAL]

Sulfuro de prata, Ag2S. É a forma de alta temperatura do sulfuro de prata: cristaliza no sistema cúbico a temperaturas superiores aos 179°C, por debaixo fórmase a acantita. É de cor gris chumbo escura, de brillo metálico que se torna mate ao oxidarse. Ten dureza 2-2,5 e peso específico 7,2-7,4. É o tipo máis importante da prata.