aseidade

aseidade

(< lat a se ‘por si’ + -dade)

s f [FILOS]

Termo filosófico formado a partir da expresión latina a se que expresa o carácter de ser que ten nel mesmo o principio do propio ser e que, polo tanto, non depende de ningún outro. A Teoloxía aplícao a Deus, en oposición aos seres creados, que son ab alio (procedentes doutro ser).