asíndeto

asíndeto

(< lat asyndĕton < gr ἀσύνδετον‘desatado’)

s m [LING]

Supresión das cópulas ou dos elementos de unión que poderían ser nexo ou semellante entre dous ou máis termos.

Ex: rimos, discutimos, falamos. O uso tan frecuente do asíndeto na lingua literaria fixo que fose considerada como figura retórica. O asíndeto pertence máis ó campo da estilística que ó propiamente gramatical. Recibe tamén o nome de disxunción e oponse ó polisíndeto.

Citas

  • rimos, discutimos, falamos. O uso tan frecuente do asíndeto na lingua literaria fixo que fose considerada como figura retórica. O asíndeto pertence máis ao campo da estilística que ao propiamente gramatical. Recibe tamén o nome de disxunción e oponse ao polisíndeto.

Palabras veciñas

asincronose | asíndese | asindético -ca | asíndeto | asinerxía | asingamia | asiniboine