asíntota

asíntota

(< gr ἀσύμπτωτος‘que non coincide’)

s f [MAT]

Recta á que se achega un punto variable sobre unha rama de curva cando o punto se arreda cara ao infinito. Para poder afirmar que unha rama de curva ten unha asíntota cómpre que, se o punto P se move sobre esta de xeito que a distancia de P á orixe de coordenadas O crece infinitamente, a dirección da recta OP teña un límite determinado y/x = tga.

Palabras veciñas

asintáctico -ca | Asíntica | asintomático -ca | asíntota | asintótico -ca | Asio | asir