asno

asno

(< lat asĭnu)

  1. s m [ANIMAL]

    Mamífero salípedo de aspecto semellante ao cabalo, pero de dimensións máis pequenas (1,5 m de alzada en xeral). Ten as orellas moi longas, a cabeza relativamente grosa e as cerdas do pescozo e do rabo moito máis curtas ca as do cabalo. Existen diferentes razas de asno doméstico, que se empregan en dous grupos: os de perfil recto ou europeos (balear, catalana, gascona, Kentucky, Poitou, etc) e os de perfil convexo (africana, cordobesa, exipcia, italiana, moura, etc). Do cruzamento do asno co cabalo obtéñense híbridos estériles, os mulos ou mulas de características específicas. Aínda que os máis dos asnos que existen na actualidade son animais domésticos, tamén os hai salvaxes, o asno de Nubia (Equus asinus nubianus), o asno de Somalia (Equus asinus somaliensis), etc.

  2. s m [ANIMAL/ZOOL]

    escalfalitos.

  3. s m

    Ser que carga con todas as culpas, malos tratos, responsabilidades, etc.

Refráns

  • Vale máis unha de asnal, que un cento de pardal.

Palabras veciñas

asneta | Asneta | Asnières-sur-Seine | asno | ASNOVA | Asnyk, Adam | Aso