astato

astato

(< gr ἄστατοσ‘inestable’)

Nome científico: [At]
s m [QUÍM]

Elemento químico radioactivo, de número atómico 85. A masa atómica pode ser 202-212 e 214-219, segundo o isótopo considerado que se pode obter de xeito artificial bombardeando o bismuto con partículas alfa. O astato está situado no grupo dos halóxenos, dos que é o máis pesado.