Astiaxes
Astiaxes
Rei de Media (584-555 a C), fillo de Ciaxares. Casou a súa filla con Cambises I de Persia, e tiveron un fillo, Ciro o Grande, co que Astiaxes entrou en guerra. Problemas fronteirizos enfrontárono ao seu neto, que o venceu sucesivamente en dúas batallas. Uniu os reinos de Media a Persia.