Astilleros Españoles SA
Astilleros Españoles SA
Nome científico:
[ASESA]
Empresa de construcións navais, creada en 1969 en Madrid ao fusionarse a Sociedad Española de Construción Naval, Euskalduna e Astilleros de Cádiz. Posúe instalacións no País Vasco, Galicia, Andalucía e València. É a cabeza dun grupo de filiais entre as que destacan Astander, Juliana e Celaia, todas elas relacionadas coa construción naval. Segunda empresa do seu sector en 1984, estivo moi afectada pola baixa de pedidos a nivel internacional. Pertence totalmente ao INI.