AstraZéneca

AstraZéneca

Novo grupo farmacéutico internacional que xorde da unión da empresa sueca Astra e da británica Zéneca. Traballa en distintos eidos da química como a gastrointestinal, a oncoloxía, a anestesia, o respiratorio e o cardiovascular. Cuns recursos en I+D que a sitúan no 2º lugar do ránking mundial, dispón actualmente de 55 novas entidades químicas en desenvolvemento e o acceso ás tecnoloxías máis avanzadas, como as bibliotecas de compostos químicos, sistemas de selección e obtención de produtos de alto rendimento, bioinformática, etc. En España conta con dous importantes centros de produción farmacéutica en Porriño (Pontevedra) e Esplugues de Llobregat (Barcelona), que posúen as máis avanzadas técnicas investigadoras, e oficinas centrais en Madrid, sendo o seu presidente Carlos Trias.