Atalaia
Atalaia
Punta do litoral da parroquia de Caión, no concello de Laracha. Situado ao L da vila de Caión e ao O da enseada de Lourido, litoloxicamente é o contacto entre un bloque de migmatitas e outro de granitos de dúas micas, dentro dun contexto rexional moi fallado.